Verbena, ¿cultura ou tradición?

Verbena, ¿cultura ou tradición?

Segundo o definido no dicionario da Real Academia da Lingua Española (RAE), a verbena defínese, entre unha das súas acepcións, como “aquela festa popular con baile que se celebra pola noite, ao aire libre, e, normalmente, co motivo dalgunha festividade”.

Moitas son as noites nas que, dunha ou outra maneira, gozamos dunha verbena. Sexa polo motivo que sexa, era o momento perfecto para reunirche con familiares e/ou amizades. Moitas horas de organización, comidas que se dilatan ata a hora de comezo do baile coa orquestra que fose contratada, encontros cos teus seres queridos, probablemente, despois dun ano en camiños distantes.

Pero desde hai un tempo a esta parte, é inevitable poder comprobar o que está a acontecer. O sector ao que se dedican miles de persoas, entre músicos, cantantes, condutores, técnicos de montaxe, de iluminación e son, sen esquecer, doutra banda, a aqueles sectores que indirectamente se relacionan con él, e tras a aparición dunha pandemia a nivel mundial a causa do  Covid-19, está a sufrir unha enfermidade da cal aínda non se coñece remedio nin vacina.

Desde hai anos está a levarse a cabo un reclamo por parte de distintas asociacións para que a verbena sexa considerada como patrimonio cultural inmaterial para así poder protexela. Froito destes reclamos foi unha manifestación no ano 2015 e unha  macrofesta de 48 horas seguidas no mes de abril de 2019 coa participación das orquestras máis demandadas no panorama musical de Galicia, entre outras actuacións.

Pero, ¿realmente é cultura? ¿É tradición? Se profundamos nas súas definicións, e volvendo tomar como referencia a documentación da RAE, cultura, entre unha das súas acepcións, defínese como o “conxunto de modos de vida e costumes, coñecementos e grao de desenvolvemento artístico, científico, industrial, nunha época, grupo social, etc”. Así mesmo, tradición podería definirse como “a transmisión de noticias, composicións literarias, doutrinas, ritos, costumes, etc, feita de xeración a xeración”.

Sen ningunha dúbida, é irresponsable non recoñecer que é o medio de vida de miles de familias na nosa Comunidade Autónoma, e que as enerxías e os esforzos deberían ir encamiñados á dignificación deste sector, porque, independentemente de tratarse dun patrimonio cultural ou tradicional, a gusto do consumidor, ante todo, é o sustento da economía de todos os seus empregados. Perderse en nimiedades e, quizáis, reclamar aspectos que non se axustan á realidade, utilizando a cultura como razón para definir intereses e posturas e non centrarse no realmente primordial, que é o recoñecemento dun sector que achega un servizo á poboación, e como tal, é necesario que goce dun protocolo, unhas medidas e un convenio regulador que asente as bases do que, neste momento, é un posto de traballo, só poden provocar a dispersión xusta para non conseguir nada, converténdonos no ridículo daqueles que teñen a tixola colleita polo mango.

Por iso, é preciso que desde a nosa decisión persoal tomemos conciencia daquilo que queremos conseguir e cómo o queremos facer. E todo comeza pola unión, polo achegamento de posturas e polo respecto que nos debemos como compañeiros/ as.

Isto só acaba de comezar. ¿Acompañarédesnos no camiño?

Deixa unha resposta

Share via
Send this to a friend