¿Quen somos?

AMPROEGA é unha asociación sen ánimo de lucro nin pertenece a partidos políticos, comprometida cos traballadores profesionais do espectáculo en Galicia nos seguintes ideais:

  1. Facer respectar e cumprir a legalidade, o convenio e os dereitos dos traballadores do espectáculo.
  2. Defender a igualdade de todos os traballadores do espectáculo.
  3. Profesionalizar o sector, desde o ámbito no que se desenvolve cada actividade dentro do mesmo.
  4. Obter representatividade ante as institucións, no nome de todos os profesionais do espectáculo.
  5. Rexeitar e denunciar actividades que atentan contra a profesión.
  6. Fomentar a creación de contido artístico como base da industria na que traballamos.
  7. Promover a elaboración de leis que se axusten e protexan o noso ámbito laboral presente e futuro.
Send this to a friend