COMUNICADO IMPORTANTE para os afectados por problemas cos ERTE

COMUNICADO IMPORTANTE para os afectados por problemas cos ERTE

Dende AMPROEGA estamos traballando para dar solución a tódolos que, dunha maneira ou outra, se viran afectados por problemas cos ERTE. Sabemos que son diversos os problemas que moitos estades tendo e, neste caso, imos tratar un en concreto para poder ir dando solucións ordenadas e que ningún dos afectados vos quededes atrás.

Nesta ocasión, estamos buscando traballadores que solitaron o ANTICIPO DE ERTE e que, entre a Xunta de Galicia e algunhas entidades bancarias, acordaron conceder a aqueles que, en  primeira instancia, recibiron aprobación de dito ERTE por parte de Xunta. Somos coñecedores de que, en moitos casos, recibistes ese anticipo e que sin ter unha resolución definitiva por parte do SEPE ou tendo recibido unha resolución DENEGANDO o voso ERTE, se vos foi retirado íntegramente o diñeiro que podedes estar recibindo de calquer tipo de prestación procedente do SEPE.

Queremos comunicarvos que, nas últimas reunións que mantivemos con representantes da Xunta de Galicia, tratamos estos temas e, neste caso concreto, dende a secretaría xeral de Emprego, nos foi comunicado que ese procedemento por parte das entidades bancarias, vai totalmente en contra do convenio que éstas firmaron coa Xunta de Galicia, no que se especifica que ese anticipo de ERTE simplemente podía ser compensado co cobro do ERTE, sendo, neste caso, a Xunta de Galicia quen se faría cargo dese anticipo no caso de que, finalmente, o ERTE non chegará a cobrarse. Desta maneira, a secretaria xeral de Emprego ofreceuse persoalmente a intervir no asunto e contactar con ditas entidades para buscar unha solución.

Por este motivo, si eres un dos afectados, invitámoste a que nos remitas o teu caso o e-mail

laboral@amproega.com

… acompañado do teu nome completo, DNI e o nome da entidade bancaria coa que tiveches o problema, para poder elaborar un informe que será presentado á secretaria xeral de Emprego, mediante o cal remitirá cada caso persoalmente á entidade bancaria correspondente, pedindo explicacións acerca do procedemento nestos casos concretos e, de ser necesario, levaranse a cabo as reclamacións correspondentes.

Somos conscientes de que éste non é o único problema que está habendo co cobro dos ERTE e estamos traballando para buscar unha solución a todos eles e, como indicamos ó inicio deste documento, ningún dos afectados se quede atrás ou sin solución, pero precisamos levar unha mínima orde para non saturar os nosos departamentos e que a búsqueda de solucións non se complique e se prolongue máis no tempo, xa que sabemos que moitos vivides situacións de verdadeira angustia.

Por eso vos pedimos que permanezcades atentos a futuras comunicacións pola nosa parte, xa que vos iremos informando acerca de todo o que vaiamos avanzando, así como o que poidamos precisar para solucionar os demáis problemas nos que vos vexades envoltos cos ERTE ou calquer outro tema que precisa da nosa acción

Tags: , ,

Deixa unha resposta

Share via
Send this to a friend